miércoles, 3 de abril de 2013

II Open de pesca a spinning de Carnota






                “Campeonato de pesca entre Muros e Carnota”



                                                PROGRAMA


6.00 horas Quedada dos participantes: praza de San Gregorio (Carnota)
7.00 horas Inicio da competición
13.00 horas Finalización da competición
13.00 horas - 14.00horas Peso das capturas
14.15 horas Entrega dos premios no auditorio da Casa do Concello







                                                               ZONA DA COMPETICIÓN


A competición terá lugar entre Punta Uía (Concello de Muros) e O Pindo (Concello de Carnota) 

Prohíbese o exercicio da pesca na zona protexida de Mar de Lira (desde a piscifactoría de Stolmt Seafarm ata o inicio da praia de Carnota)



MANGAS

A competición celebrarase nunha única manga de 6 horas de duración.

POSTOS

Os participantes disporanse de maneira libre na zona de pesca gardando unha distancia mínima de 40 metros.

SEBOS

Só se permite o uso de reclamos artificiais, queda prohibido o uso de calquera tipo de fariñas, pastas, engodos, aromatizantes, esencias, aceites, colorantes, etc, naturais ou artificiais que se arroxen á auga coa finalidade de atraer os peixes.










                                                    ESPECIES OBXECTO DE PESCA



Serán válidas e por tanto puntuarán as pezas das seguintes especies:
- Dicentrarchus labrax (Robaliza)
- Pollachius pollachius (Abadexo)
- Belone belone (Agulla)
- Scomber scombrus (Xarda)

A medida mínima será a correspondente á normativa galega:
- Robaliza:   36cm
- Abadexo: 30 cm
- Agulla :    25 cm
- Xarda:     20 cm

Todo aquel participante que presente á pesada pezas inferiores en 2 cm de cada medida mínima será descualificado automaticamente. As pezas presentadas á pesada serán doadas a unha organización sen ánimo de lucro.



                                  SISTEMA DE PUNTUACIÓN




Outorgarase 1 punto por gramo no caso da robaliza e de 0,5 puntos por gramo para o resto das especies. A pesada comezará unha vez finalizada a manga e prolongarase durante 1 hora. A inscrición e participación no Open será gratuíta. As prazas están limitadas a 80 deportistas.



                                                                              Un saudo e participa!!

5 comentarios:

  1. No sé porque será, pero me huelo quien va a ser el máquina que se va llevar el campeonato, jajajajaja.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. En los campeonatos todo cambia, mientras los lugareños se sitúan en las buenas zonas los demás andamos como zombies jejeejejje

    Habrá que mirar el calendario para poder asistir me parece una zona muy buena.

    Un saludo Jose Manuel y Vitu

    ResponderEliminar
  3. Si no hay ningún infortunio espero poder asistir, aunque sea para mandarle una buena comida,jeje.
    Un saludo.

    ResponderEliminar